Música

Todos os concertos

Martin Messier + Pr.mvla dj set Arredor do Son II

Sala Capitol |

21:30 h apertura de portas ás 21:00 h

21:30 h Martin Messier | 22:30 h Pr.mvla

Entrada de balde, previa retirada de entrada na billeteira do Teatro Principal a partires do 26 de setembro ás 18:00 h (billeteira da Sala Capitol no mesmo día do espectáculo) | Máximo 2 entradas por persoa

Martin Messier

Martin Messier é compositor, intérprete e realizador. Aínda que podemos considerar o son como a forza motriz do seu traballo, Messier interesouse tamén moi pronto na colisión entre a música electroacústica e outras formas de arte, así como na colaboración artística. Deste xeito, é explorando a relación entre o son e os materiais (obxectos ou corpos) como toma forma a obra de Messier. Dálle vida ao son mediante diferentes obxectos como espertadores, bolígrafos ou máquinas de invención propia. O xerme deste encontro entre sons e obxectos é a idea de levar os obxectos cotiás un paso máis alá, de magnificar estes obxectos dándolles voz e reinventando a súa función. No centro do diálogo entre os sons e os corpos en movemento, hai un desexo por inverter a relación xerárquica que une normalmente a música e á coreografía, primando que o son se converta na forza motriz dos movementos.

FIELD, por Martin Messier
No seu último proxecto, FIELD (20015), Martin Messier asume que é posible crear sons empregando os campos electromagnéticos do noso entorno. Estas sinais eléctricas residuais e imperceptibles son recollidas por micrófonos de transdutores electromagnéticos, e convértense nas xeradoras do espectáculo. No escenario, Messier interactúa con dos paneis de conectores que ofrecen múltiples posibilidades de conexións entre entradas e saídas. Realizando conexións e desconexións de forma continua, Messier interactúa con eles, facendo xurdir composicións de luz e son. Con FIELD, Messier fai material este fluxo de corrente que doutra forma sería inaudible e invisible.

Créditos
Martin Messier : concepto, composición audiovisual, programación e interpretación
Interface : Thomas Payette
Deseño técnico : Thomas Payette, Maxime Bouchard, Frédérique Folly
Produción : 14 lieux

Pr.mvla dj set

Pr.mvla é un proxecto que integra elementos da música tradicional galega e ferramentas da música electrónica experimental. Os procesos que se levan a cabo á hora de xerar o discurso musical van dende a composición partindo de cero até a releitura e descontextualización –cunha perspectiva actual– dos cantos libres. Paralelamente comezan a traballar con material sonoro preexistente en forma de dj set.