Blog

Curtocircuíto proxectará "Harry Dean Stanton: Partly Fiction"

Novas

En Curtocircuíto queremos rendir homenaxe ao actor estadounidense, recentemente falecido, coa proxección de Harry Dean Stanton: Partly Fiction o domingo 7 de outubro ás 17:00.

En Curtocircuíto queremos rendir homenaxe ao actor estadounidense Harry Dean Staton, recentemente falecido, coa proxección de Harry Dean Stanton: Partly Fiction o domingo 7 de outubro ás 17:00.

O documental, dirixido por Sophie Huber foi estrenado no festival de Venecia en 2012 e retrata a una das personaxes máis enigmáticas e poderosas da cinematografía norteamericana, cunha filmografía que inclúe películas de culto, como Cockfighter de Monte Hellman, París, Texas, dirixida por Wim Wenders, e os seus traballos ás ordes de David Lynch, quen o consieraba case un actor fetiche e o dirixu en películas como The straight story, Twin Peaks: fire walk with me, Inland Empire o Wild at heart.

Harry Dean Stanton: Partly Fiction retrata con delicadeza a un Stanton de 88 anos a través de amigos como David Lynch, Wim Wenders, Sam Shepard ou Debbie Harry e das cancións que el mesmo interpreta diante das cámaras.

Será o noso tributo a un actor que leva toda a vida habitando nos nosos corazóns.