Blog

Curtocircuíto procura 20 persoas voluntarias

Novas

Procuramos 20 persoas que desexen vivir o festival desde dentro, contribuíndo en tarefas de apoio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.

Un ano máis, Curtocircuito colabora coa USC na inscrición de persoas voluntarias para colaborar na organización do festival. Procuramos 20 voluntarios e voluntarias que desexen vivir o festival desde dentro, para contribuír en tarefas de apoio  que non implicarán o desenvolvemento de labores profesionais nin a asunción de respondabilidades. As persoas interesadas deben rexistrarse no Servizo de Integración e Participación da USC e, aquelas que sexan estudantes, poderán obter créditos a cambio da súa participación.

Máis información na seguinte ligazón. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.