Actividades

Todas as actividades

Narrativa e Linguaxe Cinematográfica: curso de cine para profesorado de Secundaria e Bacharelato

Jorge Cantos

Edificio ABANCA Cervantes

29 - 30 de setembro | 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h

20€ | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

25 prazas

Este curso constitúe un programa fácil de capacitación para o profesorado de Secundaria e Bacharelato. Propón un achegamento teórico-práctico aos distintos elementos que compoñen a narrativa audiovisual, así como a linguaxe cinematográfica. O obxectivo principal do curso persegue que os participantes adquiran os coñecementos suficientes para desenvolver un pensamento analítico e crítico, se inicien nos procesos creativos do medio audiovisual e comprendan as ferramentas básicas para introducir o audiovisual na aula.

Perfil

  • Esta formación está dirixida aos profesores de educación Secundaria e Bacharelato.
  • É necesario que cada participante leve o seu teléfono móbil.

 

Programa

Sábado 29 de setembro:

  • Vida vs Ficción: Que historia contar? Como pensar en imaxes? Como pensar a película en sons? A posta en escena, a alma da película.
  • Os oficios do cine.
  • As fases de creación dun proxecto.
  • Fundamentos do guión.
  • A rodaxe.
  • A montaxe.
  • Narrativa audiovisual y análise fílmico.

 

Domingo 30 de setembro:

  • O cine feito por adolescentes.
  • O adolescente como sabio.
  • A liberdade creadora e a non censura sobre o traballo dos novos.
  • O cine nas aulas: ensinar a través de películas ou da ferramenta audiovisual.  
  • Educar en valores a través do cine: Como abordar na aula temas de sociedade, de cidadanía, etc.?
  • Jorge Cantos

    Jorge Cantos ingresa na ECAM meses antes de converterse nun pai postadolescente, situación que determina constantemente a natureza e temáticas das súas pezas, que oscilan entre a ficción e o documental, e flirtean de maneira reiterada cos conceptos de identidade, paternidade e ilexibilidade do futuro. Termina os seus estudos ca curtametraxe de ficción Take Away (2016), estreada na sección oficial de curtametraxes do Festival de Málaga, premiado como mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine da Universidade Nacional Autónoma de México (FICUNAM) e seleccionado por festivais como o Festival de San Sebastián (SSIFF), o festival de cine de Tel Aviv (TAUFF) ou o festival de curtametraxes de São Paulo.

    O ano que regresa da escola de cine, o seu documental Dôtenh (Dúbidas), estreado en Alcine (Festival de Cine de Alcalá de Henares), é recoñecido pola revista Caimán Cuadernos de Cine como unha das curtametraxes de interese no 2015. Actualmente compaxina proxectos documentais como Utopiazaleek bakarrik bizirik iraungo dute ( So sobrevivirán os utopistas) (2017) para o festival de cine de San Sebastián; proxectos publicitarios como Madrid en danza (2017), pezas vídeo musicais como Ritmo en la sangre (2016), Te quiero igual (2017, Juegos de mesa (2017) o Madrid (2018) para artistas como Novedades Carminha, Julio de la Rosa, Xoel López; e os seus primeiros encontros co mundo da docencia, mentres busca financiamento e desenvolve a preproducción de Ráfagas de vida salvaje, unha ficción enmarcada no sobreproteccionismo parental, temática xa explorada na súa obra documental Pròt (Poda) (2016). Dende o 2017, é profesor na ECAM para a formación de profesores de educación secundaria.