Actividades

Todas as actividades

Cara unha práctica do deseño sonoro Arredor do Son II

Charly Schmukler

Edificio ABANCA Cervantes

1 - 2 de outubro | 10:00 - 14:00 h

De balde, por orde de inscrición ata esgotar as prazas | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Prazas: 30

Nos últimos anos vimos como o son adquiriu unha gran relevancia na industria da creación audiovisual, non só como un accesorio, senón como un elemento con indiscutibles capacidades narrativas. Neste proceso, o deseñador de son desempeña un papel vital tomando decisións que determinarán de forma drástica o resultado dunha produción cinematográfica. Partindo da súa experiencia no mundo da creación sonora, froito dunha longa traxectoria, Charly Schmukler, un dos máis reputados sonidistas nacionais, introdúcenos no mundo do deseño sonoro para cine e videoxogos tratando temas como a linguaxe e a produción audiovisual, o son inmersivo, ou as técnicas de produción de audio.

  • Charly Schmukler

    Participou como responsable de son en máis de 50 longametraxes nacionais e internacionais e gañou numerosos premios pola súa labor como sonidista (Mestre Mateo, ACLM México, Gamelab Awards, Fénix de cine Iberoamericano, etc.), sendo nomeado en dúas ocasións aos Goya da Academia do Cine Español para finalmente recibir este galardón ao Mellor Son no 2014 pola súa labor en Las brujas de Zugarramurdi, de Alex de la Iglesia. Ademais traballou cos directores Javier Fesser, Julio Medem, Benicio del Toro, Gerardo Herrero, Juan Carlos Tabío, Carlos Saura, Marcelo Piñeyro, Álvaro Fernández Armero, Gerardo Vera, Sebastián Borensztein, Trần Anh Hùng e Roberto Santiago, entre outros. Un dos seus últimos proxectos, a película Campeones de Javier Fesser, representará a España na vindeira edición dos Premios Oscar. Participa como responsable de son en doce series de televisión e en máis de 50 documentais xunto a Oliver Stone, Álvaro Longoria, Javier Bardem, Isabel Coixet, Achero Mañas, María Ripoll, e Miguel Bardem. Actualmente é profesor na Diplomatura de Son na ECAM e no SAE, é membro da SGAE, da AIE e da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

    https://www.imdb.com/name/nm1051797/?ref_=fn_al_nm_1