Actividades

Todas as actividades

Mesa redonda sobre fotografía | La influencia del cine en el trabajo fotográfico

ABANCA Cervantes

3 de outubro de 17:00 a 18:00 h

De balde, por orde de inscrición ata completar aforo | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Fai un tempo, en Curtocircuíto xuntamos a un grupo de fotógrafos e cineastas para que dialogasen arredor dunha idea: a única diferenza entre unha fotografía e un plano filmado é o tempo, a forma de representalo. Catro anos máis tarde, en torno a esa mesma inquietude, propoñemos unha conversación informal entre catro fotógrafos galegos que, dunha forma ou  doutra, alternaron o traballo fotográfico co audiovisual. Lúa Ribeira, terceira española da historia nomeada para ser membro da axencia Magnum; Nicolás Combarro, primeiro galego en ter unha exposición individual na Maison Européenne de la Photographie de París; Iván Nespereira, gañador do premio PhotoEspaña a Mellor Fotolibro Autoeditado 2018, e Nacho Alonso, probablemente o autor galego máis interesante da súa xeración e paradigma do artista á marxe dos circuítos de exhibición, dialogarán sobre os seus procesos, os seus medos e os seus achados.