Actividades

Todas as actividades

Masterclass con Peter Tscherkassky | Cine feito a man

Peter Tscherkassky

Teatro Principal

5 de outubro de 18:30 a 20:15 h

De balde, por orde de inscrición ata completar aforo | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

A masterclass será impartida en inglés.

Cinema feito a man

Durante máis de dúas décadas, levo facendo todas as miñas películas na sala escura, sen usar xamais unha cámara. Coloco a metraxe atopada directamente sobre celuloide en bruto e é exposto fotograma a fotograma, a man, empregando varias fontes de luz, como lanternas ou punteiros láser. De forma natural, este proceso manual deixa a súa marca sobre o material da película e queda inscrito nas propias imaxes: nótase que as películas resultantes son feitas a man. O encanto característico destas películas resulta da combinación dunha composición extremadamente precisa (respecto á metraxe escollida e á súa reorganización) co aspecto obviamente aleatorio do método de produción manual. Traballar cun punteiro láser ou con lanternas non permite nin uns tempos de exposición precisos nin unha dimensión exacta da forma das imaxes. O resultado é unha flutuación constante da imaxe durante a proxección, un recordatorio sempre presente da natureza manual do proceso de produción. A estas flutuacións visuais úneselles a inevitable presenza de lixo, pelo, rabuñaduras, etc., os cales pasan a formar parte da textura xeral da película. En poucas palabras: O proceso de produción está gravado en todas as imaxes das miñas películas de sala escura; este proceso preséntase a si mesmo en débeda cunha labor manual que emprega material analóxico que nunca podería ser intercambiado con ningún outro medio.

Esta é a miña reacción persoal á desaparición gradual do cine analóxico, á inminente perda da película, que está sendo reemplazada por imaxes en movemento xeradas dixitalmente, creadas por un ordenador.

A masterclass estará baseada nunha análise detallada da miña película Instructions for a Light and Sound Machine.

Peter Tscherkassky

  • Peter Tscherkassky

    Peter Tscherkassky (Viena, 1958) é un cineasta experimental austríaco. Tamén ten extensos ensaios sobre a historia e a teoría do cinema experimental.

    Entre 1979 e 1986 estudou filosofía nas universidades de Berlín e Viena, onde obtivo o o seu doutorado cunha tese sobre estética no cinema experimental. A interese de Tscherkassky polo cine experimental xorde dunha serie de conferencias en Viena do historiador P. Adam Sitney, ás que asistiu en 1978. Este encontro xerou en Tscherkassky definitivamente unha vontade artística, inquieta, comisarial e teórica.

    As súas películas exploran a natureza fotoquímica da imaxe a través dun intenso traballo con metraxe encontrado. En 1979 comezou a facer películas en Super 8. En 1991 fundou Sixpackfilm (un dos principais distribuidores que colabora con Curtocircuíto) con Brigitta Burger-Utzer. Tscherkassky fixo 30 películas, incluída a trioloxía CinemaScope (1997-2201) –composta polas películas The Arrival, Outer Space e Dream Work–, Instructions for a Light and Sound Machine (2005), Coming Attractions (2010) e The Exquisite Corpus (2015).

    Ao traballar movéndose entre a reutilización de metraxe de película,  a reivindicación do traballo artesanal e a recuperación de determinadas perspectivas estruturalistas, o seu propósito cinematográfico implica o meticuloso traballo de copiar manualmente na sala escura. La técnica analóxica que desenvolveu para manipular cada un dos fotogramas dalle á imaxe unha textura particular que salienta a materialidade analóxica do medio, afectando de xeito visual á superficie (rabuñaduras, transparencias e inscricións) e aos elementos acompañantes (perforacións, banda sonora, dirección da proxección, etc.). O tratamento do son, sempre sorprendente, vai dende ruídos arrítmicos a zunidos progresivos pasando por silencios abismais.

    Ao longo dos años, debido ao seu traballo, recibiu arredor de 50 premios, incluído o Premio Golden Gate (San Francisco), o Gran Premio do Internationale Kurtzfilmtage Obserhausen e o Premio á Mellor Curtametraxe no Festival Internacional de Cine de Venecia.