Actividades

Todas as actividades

Masterclass con Joan Fontcuberta | A fotografía no purgatorio

Joan Fontcuberta

Salón Teatro

4 de outubro de 17:00 a 18:00 h

De balde, por orde de inscrición ata completar aforo | PRAZAS ESGOTADAS

A FOTOGRAFÍA NO PURGATORIO

O meu traballo ocupouse dos múltiples bordos da fotografía como forma específica de experiencia, que pon a proba a nosa capacidade para atrapar a verdade e a memoria. Un aspecto neurálxico foi a materialidade da imaxe: de que están feitas as imaxes? Cal sería o grao cero da escritura fotográfica?

Nun momento nas que as imaxes se desmaterializan, tentei contribuír a salvar as ruínas daquela substancia fotográfica á que atribuíamos o poder alquímico de reter a vida mentres conxuraba a morte. En moitos proxectos recentes visito arquivos e coleccións históricas á procura de imaxes en estado traumático, fotografías enfermas, deterioradas, fotografías que sofren de algún tipo de trastorno que perturba a súa función de documento e que as inhabilita para seguir “habitando” o arquivo. Que ocorre, podemos preguntarnos entón, cando unha fotografía se “libera da súa alma”? Que queda cando unha fotografía xa non sinala unha realidade cara fora de si mesma e so queda o substrato, o residuo apenas unhas manchas de substancias químicas sensibles á luz? Nese momento a fotografía convértese en fantasma. En certas crenzas os fantasmas son almas que non poden ser recuperadas para o ciclo da reencarnación porque manteñen algunha misión sen rematar. Tal vez esas fantasmagorías fotográficas seguen errantes polo purgatorio a causa da súa labor inconclusa, que era reter aquilo que desapareceu.

  • Joan Fontcuberta

    Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955) é artista, ensaísta, docente e comisario de exposicións. O seu traballo de creación mereceu exposicións monográficas no MoMA de Nova York (1988); o Art Institute de Chicago (1990); o IVAM de Valencia (1992); o MNAC de Barcelona (1999); ARTIUM de Vitoria (2003); Maison Européenne de la Photographie de París (2014); Science Museum de Londres (2014), e o Museo de Arte del Banco de la República de Bogotá (2016), entre outras.

    Como docente foi profesor invitado en diferentes institucións internacionais como a Universidade de Harvard e Le Fresnoy. Centre National des Arts Contemporains, en Francia. Publicou numerosos libros de temáticas relacionadas coa historia, a estética e la pedagoxía da fotografía: os dous últimos son La furia de las imágenes. Nota sobre la postfotografía (Galaxia Gutemberg, Barcelona, 2016) e Revelacions (Arcàdia, Barcelona, 2019). 

    No 2013 Joan Fontcuberta foi galardoado co premio internacional da Fundación Hasselblad.  En España recibiu o Premio Nacional de Fotografía (1998) e o Premio Nacional de Ensaio (2011). No 2012 recibiu o Premio Nacional de Cultura Artes Visuales do goberno catalán e no 2016 o Premio Ciudad de Barcelona en Ensayo y Humanidades.

    www.fontcuberta.com