Actividades

Todas as actividades

Veggie Jam - Playtronica Arredor do Son II

Sasha Pas

Edificio ABANCA Cervantes

6 de outubro | 16:30 - 18:00 h | Obradoiro infantil

10€ | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Prazas: 20

Como unha idea dunha Escola de Música para nenos me axudou a redescubrir o mundo e a empezar a crear o futuro. Aprende tocar música en un grupo con froitas e verduras en lugar de usar instrumentos musicais normais.

  • Idade: +8
  • Duración: 1 hora
  • Grupo: 20 persoas
  • Introdución á música electrónica moderna
  • Non é necesaria formación musical
  • Experimenta improvisación nunha jam en grupo

https://www.youtube.com/watch?v=UPHNIQDhs1o&t=3s

  • Sasha Pas

    Sasha Pas é un artista fundador do estudio Playtronica. Pas traballa con prácticas interdisciplinarias explorando novos tipos de interaccións entre o home e a tecnoloxía coa axuda do son como un medio. Os proxectos de Playtronica implican inmersión na realidade sensorial na que, xogando con varios obxectos, calquera pode poñer a proba dunha forma creativa e libre as posibilidades do seu corpo e o mundo exterior. Este contexto de interacción deixa de apoiar a división entre o espectador e a obra, permitindo que cada participante deste proceso comunicativo contribúa activamente á creación dun entorno vivo e en constante cambio. Os proxectos de Playtronica exhibíronse no Garage Museum of Contemporary Art, The Jewish Museum (Moscova), Slyanka VPA Gallery (Moscova), Exploratorium (San Francisco), Centre Georges Pompidou (París), e no Palais de Tokyo (París). Pas participou no programa paralelo do Moscow Biennial of Young Contemporary Art (2018); Sonar+D Festival (Barcelona); Loop (Berlín); e no Performance Pets (Londres). Playtronica recibiu moitos premios, incluíndo o premio do Moscow Design Biennal (2017) e un premio especial no Synthposium Festival (2017). Pas vive e traballa entre Moscova e Berlín.

    http://playtronica.com/