Actividades

Todas as actividades

Obradoiro con Fernando Franco | Longa viaxe cara... algún lugar

Fernando Franco

CGAC

5 de Outubro de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h | 6 de Outubro de 10:00 a 14:00 h

25 € (12 € estudantes)

Prazas: 25 (5 para estudantes de USC) | Formulario de inscrición situado ao final desta páxina

Longa viaxe cara... algún lugar.  A experiencia fílmica de Fernando Franco

Cada proceso de realización dunha película é unha nova viaxe iniciática. En cada comezo, o cineasta asume o papel de aprendiz. E, como en cada expedición, sábese de onde se partirá pero non a onde se chegará e, sobre todo, como se chegará. A creación cinematográfica implica unha inmersión nos desexos, nas necesidades e nas inquietudes máis profundas do autor. Pero esa viaxe, que debe ser persoal e libre, é tamén un traballo en equipo. E, nese equilibrio entre a liberdade creativa, o equipo e los recursos dispoñibles, o cineasta ten que tomar decisións, facer sacrificios e atopar solucións. Esa longa viaxe a través da incerteza, transformará á persoa, levándoa a un novo lugar no que non estivo nunca antes. Neste obradoiro, Fernando Franco, gañador do Premio Goya no 2014 como director novel pola película La Herida, exporá a súa forma de navegar ese periplo.

  • Fernando Franco

    Licenciado en Comunicación Audiovisual e Titulado en Montaxe pola Escuela de Cinematografía e Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM). Montou máis de trinta longametraxes entre as que destacan Blancanieves, Que Dios nos perdone ou Viaje al cuarto de una madre, tres títulos polos que foi nomeado ao Goya á Mellor Montaxe. En paralelo, vén realizando os seus propios proxectos como guionista e director. Concretamente, as longametraxes La herida (2013), Premio Especial do Xurado de San Sebastián, polo que gañou o Goya ao Mellor Director Novel e a súa protagonista, Marian Álvarez, o de Mellor Actriz e a Concha de Prata. No 2017 estrea Morir (2017), tamén no Festival de San Sebastián, polo que Andrés Gertrudix é nomeado ao Goya ao Mellor Actor. No terreo docente, coordina a Diplomatura de Montaxe na ECAM e colabora con diversos centros como a EICTV de Cuba, a Pompeu Fabra, a ESCAC ou a Universidade Autónoma de BCN.