Actividades

Todas as actividades

Obradoiro de Montaxe e Narrativa Audiovisual

Javier García

Biblioteca Ánxel Casal

30 de setembro, 1 e 2 de outubro de 11:30 a 13:00 h

Entrada de balde por orde de inscrición

Prazas: 60

Nesta edición do festival, a ECAM, Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid, impartirá un obradoiro sobre montaxe e narrativa cinematográfica para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, unha actividade enmarcada dentro do programa de alfabetización audiovisual que leva a cabo a ECAM en todo o territorio nacional. 

O obradoiro foi deseñado polo alumno e profesor da ECAM, Fernando Franco (director e montador), gañador dun Goya no 2014 como director novel pola película La Herida. O obradoiro será impartido por diplomados na ECAM e profesionais en activo da industria audiovisual con amplia experiencia docente. O obxetivo da actividade consiste en realizar unha análise fílmica da narrativa, a montaxe e posta en escena da curtametraxe Cachorro, proxecto producido pola ECAM, seleccionada en máis de 40 festivais de todo o mundo con premios como o Premio Especial do Xurado no Festival de Málaga.

Información sobre o obradoiro

  • Esta formación está dirixida a xóvenes de 13 a 17 anos de idade. 

  • Duración do obradoiro: 90 minutos.

  • Javier García

    Guionista, director, docente e xestor cultural. Granada, 1981. Diplomado en Dirección Cinematográfica polo Instituto do Cine de Madrid e Técnico en Laboratorio de Imaxe. O seu proxecto de final de carreira, Luna rota, obtén 39 seleccións nacionais e internacionais e os premios de Mellor Curtametraxe Nacional no Festival Internacional Almería en Corto no 2010, e de Mellor Montaxe no Festival Internacional dos Pireneos no 2011. No 2010 organiza como promotor e director técnico o Festival Internacional Ópera Prima en Corto, espazo dedicado exclusivamente a fomentar e promocionar curtametraxes realizadas en centros de formación nacionais e internacionais. No 2015 recibe o premio Granada Joven, outorgado polo Instituto Andaluz da Xuventude da Xunta de Andalucía. Dende o 2011 traballa como docente de dirección cinematográfica en diversas escolas españolas á vez que escribe e dirixe documentais por encargo para institucións públicas e privadas. No 2018 regresa ao mundo da ficción como produtor e director das curtametraxes Casting (remunerado) e 1998, actualmente en fase de posprodución.