Actividades

Todas as actividades

"O mal é sempre humano" O corpo da balea na cultura audiovisual moderna Arredor do Son II

Jessica Sarah Rinland, Jose Luis Espejo

Edificio ABANCA Cervantes

2 de outubro | 16:30 - 18:00 h

Entrada de balde ata completar aforo | Fomulario de inscrición na parte inferior desta mesma páxina

Electric Oil, Jessica Sarah Rinland (2012)

A historia común das baleas e as persoas é unha das máis populares do século XX. É unha historia asociada coa morte e a predación. Curiosamente, entre as liñas desa historia, hai un relato insospeitado e preciso da visión e a escoita humana así como do papel destes dous sentidos na historia moderna. O mal é sempre humano é un proxecto en proceso do investigador José Luís Espejo que relata o papel que tivo o corpo da balea no desenvolvemento do capitalismo actual a través da análise das imaxes e sons que os seres humanos crearon ou captaron destes mamíferos mariños.

A balea é tamén un suxeito recorrente na filmografía de Jessica Sarah Rinland, na que aparece como un punto de partida que lle permite tratar cuestións vinculadas coa ecoloxía, a historia, a representación dos animais no cine, o medio ambiente ou os cambios culturais. Dous exemplos desta aproximación son os traballos O obreiro cego, no que examina as similitudes entre a industria baleeira e a madeireira, o una instalación cinematográfica en constante transformación, We Account the Whale Immortal, realizada en colaboración co autor Philip Hoare (Leviatán o la ballena) e diferentes museos.

  • Jessica Sarah Rinland

    Artista e cineasta, Jessica Sarah Rinland exhibiu internacionalmente en galerías, cines, festivais de cine e universidades, incluíndo NYFF, LFF, Róterdam, Oberhausen, Edimburgo e Mar de Prata. Recibiu becas do Arts Council England e do Wellcome Trust entre outras institucións. As súas Residencias inclúen: MacDowell Colony, Kingston University, Locarno Academy e Berlinale Talents.En 2016 exhibiu unha instalación en pantalla múltiple e aleatorizada de We Account the Whale Immortal en Somerset House, Londres. Na actualidade é Artista Asociada en Somerset House Studios, e Film Studies Center Fellow, Universidade de Harvard.

    https://jessicarinland.com/

  • Jose Luis Espejo

    José Luis Espejo organiza eventos e exposicións, investiga e dá clases. Estudou historia do arte en Madrid, Bos Aires e Oxford, e nos últimos anos centrou as súas investigacións nas relacións entre o arte e a cultura da escoita. Participou en proxectos autoxestionados como Mediateletipos e UrsonateFanzine. En 2017 co-comisariou xunto con Andrea Zarza CHARIVARIA, sobre como as persoas se colocan no espazo público mediante o son. Organizou os ciclos de concertos Archipiélago e Resonancia no Museo Reina Sofía e Arrecife en CentroCentro. En 2016 co-comisariou as cinco instalacións site-especific en espazos públicos que formaron parte de Entzumen Behatokia / Observatorio de la Escucha no marco da Capitalidade Europea da Cultura Donostia-San Sebastián. Publica as súas investigacións indistintamente en radio-cápsulas e textos con exemplos como Cárcel de oro y Richard Hamilton en Radio Reina Sofía o Una utopía más que apetecible en MASE 2015 e Políticas de un espacio aural, en ARTe SONoro, La Casa Encendida. É asesor musical no Museo Reina Sofía e coordina o módulo de Teoría e Historia no Mestrado de Industria Musical e Estudos Sonoros na Universidade Carlos III de Madrid.

    http://joseluisespejo.net/