Actividades

Todas as actividades

Unha cuestión de son Arredor do Son II

Jacob Kirkegaard

Edificio ABANCA Cervantes

3 de outubro | 16:30 - 18:00 h

Entrada de balde ata completar aforo | Formulario de inscripción situado al final de esta misma página

O son, como materia esencial na creación artística, adquiriu unha identidade propia nos últimos anos que se manifesta a través do xénero coñecido como Arte Sonoro. Estas obras inciden na importancia da escoita como un medio, durante moito tempo minusvalorado, capaz de revelar realidades doutro modo imperceptibles.

É aquí onde se sitúa o traballo do artista danés Jacob Kierkegaard, quen, centrándose en aspectos como o espazo ou a percepción acústica, introdúcenos nas prácticas estéticas propias desta disciplina. Dende as resonancias das habitacións abandonadas de Chernóbil ou das paisaxes de Fukushima, ao estrondoso renxer dos glaciares de Groenlandia capturados con diferentes sistemas de gravación (hidrófonos, micrófonos de contacto, receptores electromagnéticos, etc.). Kirkegaard fainos partícipes dun mundo en constante vibración a través dos seus traballos repletos de significados.

  • Jacob Kirkegaard

    Jacob Kirkegaard é un artista e compositor que traballa en ambientes coidadosamente seleccionados para xerar gravacións que son empregadas en composicións, ou combinadas con imaxes en vídeo en instalacións visuais e espaciais.

    Kirkegaard presentou os seus traballos en galerías de arte, museos e espazos para concertos por todo o mundo, incluídos o MoMA en Nova York, o LOUISIANA - Museum of Modern Art e o ARoS en Dinamarca, o KW en Berlín, The Menil Collection e no Rothko Chapel en Houston, o Aichi Triennale en Nagoya, ou o Mori Art Museum en Toquio, Xapón.

    Os traballos sonoros de Kierkegaard son publicados polos selos TOUCH (Reino Unido), Important Records (EE.UU.), mAtter (Xapón), VON Archives (Francia), Holotype Editions (Grecia) e Posh Isolation (Dinamarca). É membro fundador do colectivo de arte sonoro freq_out. No 2016 Jacob Kirkegaard foi o artista sonoro residente do St. John’s College, Universidade de Oxford, Reino Unido.

    http://fonik.dk/

    https://vimeo.com/159783672