Actividades

Todas as actividades

Pasaporte Curtocircuíto

do 29 de setembro ao 7 de outubro

Pasaporte Curtocircúto é unha actividade dedicada ao alumnado da Universidade de Santiago, que busca recoñecer, a través da concesión de ata 2 créditos ECTS, o compromiso polo cine dos seus participantes.

Condicións xerais de participación

  • Poderá participar na actividade calquera estudante da USC.
  • A inscrición na actividade farase vía mail, mandando os seguintes datos ao correo  info@curtocircuito.org
    • Nome e apelidos
    • Mail
    • Teléfono
    • Xustificante de matrícula
  • Unha vez confirmada a inscrición, cada participante poderá recoller a súa cartilla nas oficinas do festival (Edificio ABANCA Cervantes) a partires do día 29 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 h ou de 16:00 a 20:00 h.
  • A cartilla é persoal e intransferible. É necesario levala a cada sesión ou actividade, xa que é o documento que permite que se contabilice o total de horas de asistencia.

 

Criterios para a concesión dos créditos

  • O criterio para o recoñecemento de créditos será:
    • 25 horas de asistencia ao festival = 1 crédito ECTS
    • 50 horas de asistencia ao festival = 2 créditos ECTS
  • Cada sesión de proxeccións corresponderá  a 1 h 30 min para o cómputo final das horas.
  • Cada sesión de actividades computará según o propio tempo de duración da actividade.
  • Só computarán as proxeccións e as actividades. Os eventos e concertos no terán validez.