Actividades

Todas as actividades

Pasaporte Curtocircuíto

Do 28 de setembro ao 6 de outubro

Pasaporte Curtocircuíto é unha actividade dedicada ao alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, que busca recoñecer, a través da concesión de ata 2 créditos ECTS, o compromiso polo cine dos seus participantes. 

Fotografía: Aigi Boga

Condicións xerais de participación

  • Poderá participar na actividade calquera estudante da USC. 

  • A inscrición na actividade farase vía mail, mandando os seguintes datos ao correo  info@curtocircuito.org 

    • Nome e apelidos

    • Mail

    • Teléfono

    • Xustificante de matrícula

  • Unha vez confirmada a inscrición, cada participante poderá recoller a súa cartilla nas oficinas do festival (Edificio ABANCA Cervantes) a partires do día XX en horario de 10:00 a 14:00 h ou de 16:00 a 20:00 h. 

  • A cartilla é persoal e intransferible. É necesario levala a cada sesión ou actividade, xa que é o documento que permite que se contabilice o total de horas de asistencia. 

 

Criterios para a concesión dos créditos

  • O criterio para o recoñecemento de créditos será: 

    • 25 horas de asistencia ao festival = 1 crédito ECTS

    • 50 horas de asistencia ao festival = 2 créditos ECTS 

  • Cada sesión de proxeccións corresponderá  a 1 h 30 min para o cómputo final das horas. 

  • Cada sesión de actividades computará segundo o propio tempo de duración da actividade

  • Só computarán as proxeccións e as actividades. Os eventos e concertos no terán validez