Filmes

Todos os filmes

Radar 5

Teatro Principal

Duración: 72m 50s

Tshweesh

Tshweesh

Feyrouz Serhal

  • 2017
  • 26:34
  • España, Líbano
  • FIC
  • COL

O mundial de fútbol comeza hoxe e en Beirut, a xente está entusiasmada con este evento. Mentres a vida desenvólvese normalmente nese día, o sinal do partido vese interrompido por estrañas ondas de audio. A frustración no aire acumulase dando lugar a un evento mais grande.

Estrea en España

Oh What a wonderful feeling

Que sensación tan marabillosa!

François Jaros

  • 2016
  • 15:00
  • Canadá
  • FIC
  • COL

Estrelas, agochade o voso brillo, non iluminedes o que escura e profundamente cobizo. Nin tampouco ningún camión.

Estrea en Galicia

All small bodies

Tódolos corpos pequenos

Jennifer Reeder

  • 2017
  • 19:31
  • Alemaña, EUA
  • FIC
  • COL

Tódolos corpos pequenos é unha adaptación feminista de ciencia ficción do conto de Hansel e Gretel dos irmáns Grimm. Ocorre nun futuro distante, entre as ruínas dunha catástrofe planetaria que revela os abusos da historia e da tecnoloxía. No espertar das caóticas consecuencias, aparecen varios superviventes, entre eles dúas rapazas, Z e Bub. O filme segue a estas curiosas adolescentes, perdidas e soas por moito tempo nun bosque maldito, mentres desenvolven as súas habilidades extrasensoriais e reclaman a súa autonomía antes unha escura ameaza.

Estrea en España

Tijuana tales

Contos de Tijuana

Jean-Charles Hue

  • 2017
  • 11:45
  • Francia
  • DOC, EXP
  • COL

Un home regresa a Tijuana coa esperanza de atopar unha muller que se perdeu na noite e nas drogas. Parece que se converteu nunha «dama branca», unha criatura fantasmagórica entre o ceo e a terra. El atópaa e pasa a noite con ela tentando axudala na súa loita contra os terrores nocturnos.

Estrea en España