Filmes

Todos os filmes

Planeta GZ

Planeta GZ 2

Teatro Principal

Duración: 77m 05s

O porco e o seu espírito

O porco e o seu espírito

Adrián Canoura

  • 2017
  • 09:40
  • España
  • DOC, EXP
  • COL

O home, na súa necesidade de explicar e entender o mundo que lle rodea, outórgalle ao animal, sobre todo no plano simbólico, as funcións desempeñadas nun principio só para si mesmo. 

Estrea mundial

Nueva Galicia

Nueva Galicia

Iván Nespereira

  • 2017
  • 26:54
  • España
  • DOC
  • COL

O océano Atlántico, o río Amazonas, o río Ucayali, o río Abujao. Un barco de colectores, unha barcaza, unha canoa. Unha viaxe buscando o rastro que deixaron migrantes europeos no seu paso polo Amazonas

Estrea mundial

Fuerzas Invisibles

Forzas Invisibles

Marcos Flórez

  • 2017
  • 06:00
  • España
  • EXP
  • COL

Un filme que xira en torno á paisaxe, a sucesión, a superposición, a repetición, a simultaneidade, o amor polo deserto, o vínculo dunha cor en movemento e a seguinte coa que está superposta a ela. A busca da evocación vertixinosa cara o infinito. As forzas invisibles que unen compoñentes que, doutro xeito, se dispersarían.

Estrea en España

Rapa das bestas

Rapa das bestas

Jaione Camborda

  • 2017
  • 09:43
  • España
  • DOC, EXP
  • B/N

Un acontecemento tradicional e pintoresco que nos convida a experimentar a intensidade dun combate corpo a corpo entre home e besta.

 

Quiasma

Quiasma

Tono Mejuto

  • 2017
  • 11:51
  • España
  • EXP
  • B/N

Quiasma é unha peza de cinema-danza que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín para a súa obra La exforma, estreada en Setembro de 2016 no Teatro Colón de A Coruña.

Fajr

Fajr

Lois Patiño

  • 2017
  • 12:57
  • España, Marrocos
  • DOC, EXP
  • B/N

No deserto de Marrocos, a noite dilúe as formas e o silencio deslízase pola area. O amencer comeza entón a debuxar as siluetas das dunas mentres algunhas figuras inmóbiles interrompen a paisaxe. Desde a abstracción nocturna, a luz vai devolvendo ao espazo a súa dimensión e aos corpos, o seu volume. A quietude concentra a ollada e a duración densifícaa. Soa o adhan, a chamada á oración, e esa inmobilidade condensada comeza a irradiar: agora son os corpos os que se dilúen no deserto.