Filmes

Todos os filmes

Explora 5

Teatro Principal

Duración: 75m 29s

Fuddy Duddy

Fuddy Duddy

Siegfried A. Fruhauf

  • 2017
  • 05:30
  • Austria
  • EXP
  • B/N

«Fuddy Duddy emprega o deseño de grella para facelo anacos. Cando estaba ocupado co cine estrutural, debuxaba repetidamente fotogramas usando estruturas de grella para gravar con precisión a secuencia de imaxes individuais. A min, isto paréceme ás veces unha procura de estruturas nun mundo aparentemente caótico. O cine responde á necesidade de orientación. Deste xeito, non se trata só dunha preferencia persoal por un método particular de traballo». Siegfried A. Fruhauf.

Keep that dream burning

Mantén ese soño ardendo

Rainer Kohlberger

  • 2017
  • 08:10
  • Austria, Alemaña
  • EXP
  • B/N

Keep that dream burning comeza con partículas en branco e negro, extremadamente finas, que flotan pola pantalla. Coagulando en estruturas bruscas, transfórmanse nunha tormenta de artefactos irregulares e cambian continuamente os puntos de luz. Coa introdución dun efecto intermitente, o son electrónico flotante convértese nun movemento rítmico penetrante que só descansa ao final, cunha imaxe dun burato negro que, sutilmente, vaise facendo máis e máis profundo.

Estrea en España

Urth

Urth

Ben Rivers

  • 2016
  • 20:00
  • Reino Unido
  • FIC, EXP
  • COL

A última muller na Terra. Gravada dentro da Biosfera 2, en Arizona, Urth forma unha meditación cinemática sobre experimentos ambiciosos, ambientes construídos e visións do futuro.

Estera en España

Expression of the sightless

A expresión do cego

Jessica Sarah Rinland

  • 2016
  • 07:02
  • Reino Unido
  • DOC, EXP
  • B/N

As inquisitivas mans dun cego exploran unha escultura vitoriana.

Estrea en España

Alien tourist

Turista extraterrestre

Maria von Hausswolff

  • 2017
  • 14:43
  • Dinamarca
  • EXP
  • COL

Imaxinade: un extraterrestre aterrou nun planeta estraño, onde unha vez existira vida. O extraterrestre desprázase, sen rumbo, a través dunha natureza escura e cambiante onde aparecen e desaparecen ocasionalmente visións de figuras humanas conxeladas, detidas no tempo e na acción.

Estrea en España

From source to poem

Da fonte ao poema

Rosa Barba

  • 2017
  • 11:34
  • Alemaña
  • DOC, EXP
  • COL

Da fonte ao poema describe a xénese e o futuro do mundo occidental dende a perspectiva do inmenso arquivo audiovisual da Biblioteca do Congreso, que conserva non só a historia cultural, senón tamén a historia industrial grazas a numerosos formatos de arquivo. Facendo unha analoxía co ruído branco, a película postula que, co paso do tempo, todas as voces únicas se sobrepoñen, afogándose unha debaixo da outra.

Estrea en Galicia

Ride Like Lightning, Crash Like Thunder

Ride Like Lightning, Crash Like Thunder

Fern Silva

  • 2017
  • 08:30
  • EUA
  • DOC, EXP
  • COL

Enmarcada dentro da visión da Escola do río Hudson e da lenda de Rip Van Winkle, Ride Like Lightning, Crash Like Thunder desprégase do mesmo xeito que se achega unha tormenta. Un futuro incerto agarda mentres a man insidiosa da historia divide a natureza e a civilización nas rexións do río Hudson da zona norte da cidade de Nova York.

Estrea en España