Filmes

Todos os filmes

Criaturas

Criaturas

Teatro Principal

Duración: 45m 43s

Knight to meet you

Knight to meet you

Nicolas Canot

  • 2016
  • 03:44
  • Francia
  • ANI
  • COL

Un cabaleiro parvo quere salvar unha princesa pero atoparase cun enorme problema.

Estrea en España

Scion

Scion

Chun-Hung Yang

  • 2017
  • 04:08
  • Taiwan
  • ANI
  • COL

Un orfo chamado Guo Li preséntase voluntario para atopar a Big Foot (Pés grandes), quen supostamente pode salvar a súa aldea. Tras unha longa e esgotadora viaxe, finalmente, atopa o que busca. Sen embargo, esta viaxe cambiou a Guo Li dun xeito inesperado e amosa o seu lado máis altruísta.

Estrea en Epaña

Der kleine Vogel und die Raupe

Lena von Döhren

  • 2017
  • 04:20
  • Suiza
  • ANI
  • COL

É verán. No alto dun pradairo, un paxariño coida e conserva as verdes follas que conforman o seu fogar. De súpeto, unha famenta eiruga aparce e tenta comer esas apetitosas follas. O paxariño tenta afastar ao visitante lambón e así, unha viaxe chea de aventuras comeza.

Estrea en España

Kozmossz nagykövetei

Béla Klingl

  • 2016
  • 08:44
  • Hungría
  • ANI
  • COL

Nesta curta, amosamos a primeira visita dunha civilización extraterrestre ao planeta Terra. Esta visita (ficticia) sucede hai 54 anos, cando, para desgraza da humanidade, os partícipes do encontro extraterrestre non eran membros da raza humana.

Estrea en España

Jeff came from the parcel

Jeff saíu dun paquete

Wei-Ting Chang

  • 2016
  • 03:52
  • Taiwan
  • ANI
  • COL

Érase unha vez, un solitario robot que entregaba paquetes nunha empresa de mensaxería. Un día, cando tramitaba paquetes, como de costume, un rapaz caeu de dentro dun deles. Desde o rexeitamento ata a aceptación, ámbolos dous individuos afanse pouco a pouco á presenza do outro.

Estrea en España

Big Booom

Big Booom

Marat Narimanov

  • 2016
  • 04:12
  • Rusia
  • ANI
  • COL

Todo ten un comezo e o noso mundo non é unha excepción. A maior teoría da evolución contada en tan só catro minutos.

Estrea en Galicia

L'horizon de Bene

O horizonte de Bene

Jumi Yoon

  • 2016
  • 12:53
  • Francia
  • ANI
  • COL

Na selva africana, Bene sobrevive baixo o mandato dos cazadores sedentos de sangue pero cando atopa unha cría de gorila, convértese na presa.

Estrea en Galicia

Land without evil

Terra sen mal

Katalin Egely

  • 2017
  • 03:50
  • Hungría
  • ANI
  • COL

Ao longo da Historia, as persoas sempre buscaron o lugar perfecto. Esta curta, baseada na mitoloxía guaraní (Tierra sin mal) dá outro punto de vista sobre o paraíso. E se o verdadeiro paraíso está dentro de nós e reside na harmonía e na unidade de todo o vivo?

Estrea en Galicia