Música

Todos os concertos

La Isla del Tesoro vs Yuraq Walla

Riquela Club |

00:30 h

De balde

La Isla del Tesoro vs Yuraq Walla

Este proxecto nace coa idea de realizar unha viaxe no tempo a través da música, de percorrer as paisaxes sonoras máis arcaicas desenvolvéndoas ata a actualidade, e de establecer un vínculo en común entre a música dos nosos antepasados e a que percibimos hoxe en día; o ritmo.


La Isla del Tesoro DJ

Natural de Trubia (Oviedo) e fincado en Santiago de Compostela, La Isla del Tesoro é  arquicoñecido na cidade polo eclecticismo que caracteriza as súas sesións, tanto na variedade de estilos musicais como no medios que emprega para realizalas. Nelas non se centra exclusivamente na parte máis bailable da noite, senón que tenta tamén que o público aprecie só o escoitar a música, as diferentes capas de son ou simplemente unha fermosa melodía.


Yuraq Walla é un proxecto de música andina mesturada con sons electrónicos. Chega desde Lima (Perú) para combinar os sons amazónicos coa electrónica europea, creando atmosferas e ritmos hipnóticos.