Música

Todos os concertos

faUSt + Ricardo Remédio (live)

Sala Capitol |

22:00 h apertura de portas ás 22:00 h h

Ricardo Remédio 22:20h | faUSt 23:15h

Anticipada: 12 € / Billeteira: 14 €

faUSt

Considerados pioneiros da música krautrock, faUSt naceron a principio dos anos 70 en Alemaña e redefiniron a música europea xunto con bandas como Can, Neu! e Kraftwerk. O seu estilo, definido como rudo, alienante e agresivo, resultou unha influenza decisiva en músicos coma Joy Division, Brian Eno, Cabaret Voltaire ou David Bowie. En 1971, publicaron o seu primeiro álbum, o homónimo faUSt. Aínda que non conseguiu boas vendas, foi aclamado pola crítica debido ao seu enfoque innovador, e estableceu unha base de apaixoados seguidores. Dende entón, publicaron outros dez discos nos que se mantiveron fieis ao seu estilo sen concesións ata 2011, cando editaron o seu último álbum até o de agora, Something Dirty. A banda brindará ao público do Festival Curtocircuíto un concerto único con invitados especiais e amigos da banda como o músico Amaury Cambuzat, membro fundador da banda de avantgarde rock ULAN BATOR ou Onnen Bock, membro fundador de outra das bandas pioneiras do krautrock: Qluster.

Ricardo Remédio (live)

Sobradamente coñecido coma membro fundador de LÖBO, Ricardo Remédio creou en solitario RA, do que xurdiría Rancor, un EP lanzado pola reputada editora Lovers & Lollypops. Nomes particularmente destacables, coma JK FLESH, Daniel O’Sullivan, Necro Deathmort e Blac Koyote, foron os responsables das súas catro remixes, publicadas en 2014, complementando e reinterpretando cada un dos temas. Mais tarde, con maior consistencia e afirmación, decide arriscar na produción musical como figura homónima con Natureza Morta. Ricardo Remédio contou coa participación de Daniel O’Sullivan, coñecido integrante de Ulver, Æthenor e, en vivo, cos míticos SUNN O))) na produción. James Plotkin, toda unha referencia polos seus traballos con Earth, ISIS, Pelican e Nadja, entre outros, encargouse da súa remasterización.

Ao longo da súa carreira en solitario, Ricardo Remédio participou en diversos festivais coma Jameson Urban Routes, Milhões de Festa, Amplifest e Mucho Flow. Está aínda asociado a bandas coma Godflesh, Nothing, oOoOO e Suuns, con quen compartiu escenario.