Música

Todos os concertos

Horse Lords + Álex Silva (live)

Sala Sónar |

22:45 h apertura de portas ás 22:14 h h

Álex Silva 22:45 h | Horse Lords 23:30 h

8 €

Horse Lords

A odisea instrumental do cuarteto de Baltimore, Horse Lords, utiliza batería, baixo, saxo, guitarra e percusións para esculpir grooves hipnóticos e profundos de atrevido novo rock americano. Ao empregar un sistema de afinacións microtonais, Horse Lords constrúe capas de liñas sincopadas que beben do krautrock, os ritmos cruzados africanos e o minimalismo clásico.

Despois de actuar en festivais coma Unsound, Le Guess Who? ou Donau, en outubro terémolos por primeira vez na península.

Álex Silva (live)

É un compositor musical e técnico de son de A Coruña que na actualidade vive en Baltimore. Con Astroboyz, o seu proxecto musical máis coñecido, foi seleccionado pola Red Bull Music Academy (Madrid 2012, NYC 2013) e por Converse Rubber Tracks (Boston 2017). Por medio do seu selo, Canadian Duck Tapes, editou o seu álbum debut Exsamples nunha edición limitada, e con Struments Records (Barcelona) publicou o seu primeiro 12”, Pianobatacazoo, co remix de Jimmy Edgar. O seu primeiro álbum de estudio como Alex Silva foi Mind Pattern Explorer (MPE) (Canadian Duck Tapes, USA, 2017) e agora prepara o seu novo disco, gravado nos estudios Converse Rubber Tracks (Boston) mentres rexenta os eventos de música electrónica chamada Cable Salad na cidade de Baltimore.