Música

Todos os concertos

López Immersive Sound

Igrexa da Universidade |

21:45 h apertura de portas ás 21:15 h

5 €

López Immersive Sound

Nos concertos de Francisco López, o público, situado de costas e sentado en círculos concéntricos cos ollos vendados (ou pechados), é exposto a unha experiencia intensa e cativadora. Partindo de gravacións de campo realizadas en diferentes localizacións (Amazonia, África do Sur, etc.), propón unha situación de escoita profunda construíndo fascinantes arquitecturas sonoras nas que os sons, como el mesmo explica, “nacen e morren en segundos; teñen unha vida efémera, virtual e inmaterial; son fluxo, non repetición [...] Exceden facilmente calquera posible status como significantes ou portadores, volvéndose seres. Seres inmateriais que non poden ser atrapados; pantasmas de si mesmos. Criaturas que se mesturan na nosa percepción e viaxan nas profundidades do noso ser, cunha valiosa carga de beleza confusa, paixón, tranquilidade, horror e outros elementos vitais”.


Francisco López é recoñecido internacionalmente coma unha das figuras máis relevantes da música experimental e a arte sonora. A súa traxectoria no ámbito da creación sonora abarca un período de case corenta anos, durante os cales desenvolveu un universo sonoro absolutamente persoal e iconoclasta baseado nunha escoita profunda do mundo. Realizou centos de concertos/performances, instalacións sonoras e proxectos con gravacións de campo en máis de setenta países, incluíndo os principais auditorios, museos, galerías e festivais internacionais. A súa obra sonora inclúe colaboracións con centos de artistas e os seus traballos foros editados por preto de 400 compañías discográficas e editoras de todo o mundo. Entre outros premios, López recibiu en catro ocasións a mención honorífica do prestixioso Prix Ars Electronica (Austria) e é o gañador dos Qwartz Awards 2010 (Francia) pola mellor antoloxía sonora.