Actividades

Todas as actividades

Sinestesias Arredor do Son

Sonsoles Hernández, Blanca Rego

Edificio ABANCA Cervantes

Xoves 5 de Outubro | 16:30 - 18:00 h.

De balde, ata completar a capacidade

As correspondencias sensoriais ou como o que percibimos a través dun sentido interfire co resto, fenómeno coñecido como sinestesia, é un tema apaixonante que non só espertou o interese da neurociencia ou da psicoloxía, senón que, desde a segunda metade do século XIX, tamén é un espazo fértil para a experimentación artística.

Foto: Teresa Muinelo

A sinestesia, literalmente “sensación conxunta”, é o termo empregado para referirse ao cruce que se produce entre os sentidos (percibir cores cando escoitamos un son, apreciar sabores cando oímos certas palabras, etc.). A partires de exemplos procedentes tanto de diferentes manifestacións artísticas (música, pintura, literatura), como da incipiente cultura de masas na que se enmarcaban algúns dispositivos ou aparellos precinematográficos, achegarémonos ás diferentes caras deste fenómeno que, a pesar da súa aparencia críptica, foi un dos principais elementos en certas prácticas estéticas da Modernidade desde a segunda metade do século XIX.

  • Sonsoles Hernández

    Doutora en musicoloxía pola Université de Paris-Sorbonne e pola Universidad Complutense, especializouse no estudio da sinestesia a finais de século coas monografías Sinestesias. Arte, literatura y música en el París fin de siglo, 1880-1900 (Abada, 2013) e Un martes en casa de Mallarmé. Redon, Debussy y Mallarmé encontrados (Editorial Complutense, 2010). Realizou estancias de investigación na École de Hautes Études en Sciences Sociales, no Birkbeck College e na University of Southern California e publicou diversos artigos en revistas como Visual studies, French cultural studies ou The Senses & Society. Desde o ano 2010, é mestra de Historia da Arte na Universitat de les Illes Balears.

     

    http://uib-es.academia.edu/SonsolesHernandezBarbosa

    http://www.abadaeditores.com

  • Blanca Rego

    Abraiada polo cine desde nena, estuda dirección de cine. Pronto se afasta das narrativas clásicas e comeza a experimentar con estruturas non tradicionais. Posteriormente, estuda animación e multimedia.

    O seu traballo céntrase na relación entre a imaxe e o son, con influencias tanto do cine experimental clásico como da música visual electrónica contemporánea. Tamén é importante destacar a súa labor como investigadora, que inclúe colaboracións regulares como escritora e tradutora con diferentes medios e institucións.

    O seu traballo proxectouse en numerosos festivais de cine e videoarte, así como en museos, centros de arte e galerías, coma o Iota Center (Los Ángeles), o ZKM (Karlsruhe, Alemania), o Espacio Fundación Telefónica (Madrid), a Fundación Juan March (Madrid), o CA2M (Móstoles), o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, o MARCO (Vigo), etc.

    www.null66913.net

    https://twitter.com/null66913

    www.makimono.es

    https://twitter.com/makimono_cine