Actividades

Todas as actividades

O son conta Arredor do Son

Ricardo Steinberg

Edificio ABANCA Cervantes

Luns 2 de Outubro | 16:30 - 18:00 h.

De balde, ata completar a capacidade

O son conta porque é unha unidade fundamental na narración cinematográfica, ademais dunha ferramenta coa que transmitir unha historia. Partindo desta idea, o sonidista Ricardo Steinberg fálanos, desde a súa ampla experiencia, da creación de audio e das súas posibilidades expresivas.

As voces, os ruídos e as músicas interactúan coas imaxes en múltiples e irrepetibles combinacións, provocando no espectador emocións, sensacións e ideas diversas. Sen embargo, o concepto que prevalece nos ámbitos profesionais e académicos, e tamén entre o público, é o de que o cine é unha forma de expresión fundamentalmente visual, na que o audio non é máis que un complemento da imaxe en movemento. Esta clase maxistral propón unha reflexión non só sobre a importancia intrínseca do son na linguaxe cinematográfica, senón tamén sobre o seu crucial rol narrativo.

  • Ricardo Steinberg

    Como sonidista e productor, Ricardo Steinberg participou en máis de cen longametraxes e colaborou con Alejandro Amenábar, José Luis Cuerda, Adolfo Aristarain, Gonzalo Suárez, Carlos Saura, Pedro Almodóvar, Mateo Gil, Felipe Vega, Víctor Erice, Alex De la Iglesia ou Mateo Gil, entre outros.

    Gañou o premio Goya ao Mellor Son por Tesis, Los Otros e Mar Adentro e foi seleccionado noutras nove ocasións.

    Desde Foro Sonoro Producciones, producíu a curtametraxe Di me que yo, de Mateo Gil, Goya 2009 á Mellor Curtametraxe de Ficción, e coa colaboración de Laura Pousa, dirixiu, escribiu e produciu a curtametraxe Meine Liebe, seleccionada para os Goya 2012.

    Ademais, é vogal da Junta Directiva de la Academia de Cine, forma parte de Las Producciones del Escorpión e, desde 2011, coordina e imparte clases nala Diplomatura de Son da ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid).            

    http://www.imdb.com