Actividades

Todas as actividades

Materia sonora ambiental e escoita inmersiva Arredor do Son

Francisco López

Edificio ABANCA Cervantes

Martes 3 de Outubro | 16:30 - 18:00 h.

De balde, ata completar a capacidade

A diferencia das metodoloxías clásicas asociadas á “paisaxe sonora”, o traballo de Francisco López con sons medioambientais non tenta representar unha suposta “realidade”, senón crear novos mundos de experiencia sonora baseados na transformación desa “realidade”.

O artista sonoro Francisco López falaranos de como se conformou a súa práctica creativa sonora durante os últimos corenta anos a través de dous ámbitos de influencia: a rede internacional independente “home-music network” e a influencia dos ambientes sonoros do “mundo real”. Presentará estes ámbitos nun contexto social e histórico máis amplo que o do seu propio traballo, analizando a enorme influencia que ámbolos dous tiveron na xigantesca comunidade de creadores sonoros de todo o mundo.

Se ben el parte da gravación de campo, nas súas obras, estes rexistros non son considerados coma entes representativos dunha realidade externa á súa natureza sonora, senón que serven para propor unha escoita máis íntima e profunda considerándoos coma entidades autosuficientes, ao mesmo nivel ontolóxico que as "fontes" que os xeneraron.

  • Francisco López

    Francisco López é recoñecido internacionalmente coma unha das figuras máis relevantes da música experimental e a arte sonora. A súa traxectoria no ámbito da creación sonora abarca un período de case corenta anos, durante os cales desenvolveu un universo sonoro absolutamente persoal e iconoclasta baseado nunha escoita profunda do mundo. Realizou centos de concertos/performances, instalacións sonoras e proxectos con gravacións de campo en máis de setenta países, incluíndo os principais auditorios, museos, galerías e festivais internacionais. A súa obra sonora inclúe colaboracións con centos de artistas e os seus traballos foros editados por preto de 400 compañías discográficas e editoras de todo o mundo. Entre outros premios, López recibiu en catro ocasións a mención honorífica do prestixioso Prix Ars Electronica (Austria) e é o gañador dos Qwartz Awards 2010 (Francia) pola mellor antoloxía sonora.

    http://www.franciscolopez.net

    Conferencia na Red Bull Music Acadamy

    Hydro-Acoustic Study

    Setup timelapse