Actividades

Todas as actividades

Sound of thunder. Paisaxes visuais e sonoras no cine americano. Arredor do Son

Javier Trigales

Edificio ABANCA Cervantes

Luns 2, Martes 3 de Outubro | 10:00 - 14:00 h.

35€ (15€ alumnos USC)

25 (5 alumnos USC)

Os seminarios de Javier Trigales son unha trituradora audiovisual, unha aproximación directa, heterodoxa, sensorial e emocional ao material a tratar a través de infinitos exemplos audiovisuais que tenden a (e destrúen) pontes temporais, espaciais, estéticas e éticas.

Todos somos, dun xeito ou doutro, norteamericanos. A nosa memoria sentimental e cultural está composta tanto do que vivimos como do que contemplamos e escoitamos: queirámolo ou non, funcionamos coma receptores das imaxes e sons que proveñen dos Estados Unidos de América. O país ten unha historia moi curta, e quizais por iso reincide nunha serie de arquetipos recoñecibles para dar un sentido e unhas raíces a unha terra extensa e inabarcable. O cine é o mellor vehículo á hora de transmitir eses tropos: a imaxe dos EUA vén mediatizada por unhas paisaxes determinadas, pero tamén por un sen fin de sons e músicas que dan forma material a todo iso e explican a filosofía dunha nación. Neste seminario, afondaremos neses elementos e faremos un percorrido audiovisual por esa América mítica e icónica a través dos cineastas que mellor a souberon retratar.

  • Javier Trigales

    Guionista, xestor cultural e profesor de audiovisuais. Traballou durante varios anos en programas de TV como El Intermedio e Sé lo que hicisteis. Tamén é o autor do guión da largometraxe Viejos, gañadora do premio ao mellor proxecto internacional no Festival de Sitges 2016, e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega de Guionistas

    Na actualidade, desenvolve a labor de programador e comisario de actividades audiovisuais para museos e festivais. Así mesmo, exerce a crítica cinematográfica para numerosos medios, como Transit Cine ou Canino, e publicou unha decena de libros colectivos.