Actividades

Todas as actividades

#OutraCompostela

En colaboración con

Un ano máis, convócase Outra Compostela, sección fixa en cada edición do festival de carácter creativo e experimental con protagonismo do alumnado da USC e, en concreto, da Facultade de Ciencias da Comunicación (Graos de Xornalismo, Comuncación Audiovisual e dobre grao). 

En colaboración coa Universidade de Santiago, a Film Commision e Turismo de Santiago- (*Convalidable por 1 ECTS).

Fronte á tradicional hexemonía da imaxe no cinema, queremos reivindicar o son como vehículo, non só de expresión senón de experimentación e aprendizaxe. Este laboratorio pretende que reflexionemos sobre a importancia do son e como este pode ser o fío condutor nunha obra audiovisual. Queremos amosar Compostela a través dos seus sons máis persoais; narrar a cidade mediante a súa banda sonora persoal, unha relectura e unha reflexión ao redor do espazo que habitamos no noso día a día.

Outra Compostela ten como obxectivo que o alumnado participante leve á práctica os coñecementos e habilidades adquiridas na facultade. Esta é unha experiencia na que se da unha oportunidade para asumir a experimentación e o risco.

Este concurso, convalidable por 1 crédito ECTS, está deseñado para 5 equipos composto por un máximo de cinco persoas cada un. Cada equipo fará unha peza de tres a  cinco minutos de duración máximo.

Os alumnos e alumnas que queiran participar deberán enviar os datos dos participantes dos seus grupos a info@curtocircuito.org. Só pola súa participación recibirán un abono de proxeccións do festival.

Todos os vídeos deben ser gravados na cidade de Santiago de Compostela. O Premio Outra Compostela, patrocinado por Santiago de Compostela Film Commission, consiste nun curso de formación para cada un dos integrantes do equipo de traballo na Escola Unitaria.

Cada unha das pezas deberá enviarse a través de Wetransfer o calquera outra plataforma de envío de datos e arquivos online antes das 16 horas del día 7 de outubro.

As especificacións técnicas serán as seguintes:  Arquivo dixital .mov .mp4 / HD 1920 × 1080 ou 1280 × 720 / H264 / Bitrate dende 8000 a 40000 kbits / AAC stereo a 384 kbps.

Moitos son os traballos que podemos nomear como exemplos inspiradores deste laboratorio. Filmes en moitos casos, pensados dende o son. Invertindo o proceso que acontece na maior parte das ocasións, onde se pensa primeiramente nas imaxes e nas que a parte auditiva, remarca ou fortalece o aspecto visual.

 

La charca, de David G. Fernández e audio de Manuel Calurano + JC Blancas

https://vimeo.com/25877125

Tecnosaching

https://www.youtube.com/watch?v=bPcU2Mk6PjE

Les seasons, de Artavadz Pelechian e remasterizada por Arnaldo Pontis

https://www.youtube.com/watch?v=uJkKre0NV2k

Ciutat meridiana, de Maria Antonia Duque, Maite Redondo, Graziana Saccente, Bally Valdivieso e Alazne Vázquez

https://vimeo.com/134118470

Porteret portrait, de Sergei Loznitsa

https://www.youtube.com/watch?v=JsCOKnylwpw

 

Para máis info: info@curtocircuito.org | +34 615 811 976 | Alicia Alonso García