Actividades

Todas as actividades

A Revolución só se deterá ante a perfección da felicidade. A cor das palabras. Encontros con cineastas #4 Arredor do Son

Nicole Brenez

NUMAX

Luns 2 de Outubro | 17:45 h.

De balde, ata completar a capacidade

A Revolución só se deterá ante a perfección da felicidade. Cinema, ritos e antropoloxía da festa.

"La Revolución só se deterá ante a perfección da felicidade" é unha fórmula apócrifa de Saint-Just, citada entre outras en La Chinoise, de Jean-Luc Godard (1967). Xa non reaccionar ante o mundo, senón crear outro, inventado, que firmemente corrixa as insuficiencias e as inxustizas deste que temos e que, para facelo, se quite estoutro de enriba: igual que existen unha literatura e unha filosofía utopistas, existe un cinema utopista, comprometido a preservar os ritos, instantes ou hipóteses de alegría, a crear praceres modernos ou éxtases arrincados a todas as mutilacións individuais e colectivas.

A cor das palabras. Encontros con cineastas é unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración con NUMAX, de acceso libre e gratuíto até completar aforo. Pódese reservar praza escribindo a acordaspalabras@santiagodecompostela.gal indicando nome completo e número de contacto.

  • Nicole Brenez

    Nicole Brenez imparte Estudos cinematográficos na Universidade da Nova Sorbona - París 3. Exerce como directora do Departamento de análise e cultura de La Fémis desde o ano 2017 e como comisaria de cine de vangarda na asociación Cinémathèque française desde o ano 96. En colaboración co cineasta Philippe Grandieux, produce a colección It May Be That Beauty Has Strengthened Our Resolve (Pode ser que a beleza reforzara a nosa resolución), consagrada a cineastas revolucionarios que foron esquecidos ou abandonados por parte da historia do cine.

    Entre as súas últimas publicacións:

    Cinéma d'avant-garde Mode d'emploi (Gendaishicho-shinsha Publishers, 2012)

    We support everything since the dawn of time that has struggled and still struggles. Introduction to lettrist cinema (Moderna Muset/Sternberg Press, 2015)

    Jean-Luc Godard théoricien des images (La Camera Verde, 2015).